A noite americana (en ) é un filme francés de 1973, dirixido e protagonizado por François Truffaut, xunto a Jacqueline Bisset e Jean-Pierre Léaud nos papeis principais.

A historia narra as tribulacións dun director de cinema durante a rodaxe dun filme. Toma o seu título da técnica cinematográfica homónima, que consiste na aplicación dun filtro escuro sobre a lente da cámara que simula que se roda de noite.

Foi emitido na TVG o 7 de agosto de 1991.Programación da TVG

Argumento Nun estudio de cinema en Niza, prepárase a rodaxe do filme Je Vous Présente Paméla, un melodrama cheo de tópicos. Os actores son (Jean-Pierre Aumont) e Séverine (Valentina Cortese) estrelas dun tempo pasado, Alphonse (Jean-Pierre Léaud), un galán novo e temperamental con aires de divo, e unha actriz británica, Julie Baker (Jacqueline Bisset).

Enlazadas no guión van aparecendo situacións reais da vida dos actores e do equipo técnico, cos seus conflitos persoais, como o de Julie Baker, inestable por unha crise nerviosa pola controversia creada polo seu matrimonio cun médico moito máis vello ca ela, pai do seu exmarido; ou o de Alphonse, que ameaza con abandonar a filmación cando a súa moza o deixa por un dos técnicos; ou o de Alexandre, o veterano, moi profesional nas súas escenas, mais nervioso e impaciente por ir buscar un rapaz ao aeroporto; a veterana estrela Sevérine ten problemas co alcohol e esquece os seus diálogos.

O desenvolvemento da rodaxe móstrase a través de escenas entre o persoal técnico e o director Ferrand (François Truffaut), que traballan intensamente para lograr entregar o filme rematado no tempo estipulado.

Elenco Jacqueline Bisset - Julie Valentina Cortese - Severine Dani - Liliane Alexandra Stewart - Stacey Jean-Pierre Aumont - Alexandre Jean Champion - Betrand Jean-Pierre Léaud - Alphonse François Truffaut - Director Ferrand Nathalie Baye - Joelle David Markham - Doctor Nelson Zénaïde Rossi - Madame Lajoie Xavier Saint-Macary - Christian

O escritor Graham Greene fai un cameo como representante da compañía de seguros, acreditado como "Henry Graham".

Premios O filme gañou o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa na 46.ª edición dos premios. Na seguinte edición foi candidata ao mellor director, mellor guión orixinal e mellor actriz secundaria (Valentina Cortese). BAFTA 1974 ao mellor filme, mellor dirección e mellor actriz secundaria (Valentina Cortese). NYFCC Award 1974 ao mellor filme, mellor director e mellor actriz secundaria (Valentina Cortese).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 46ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por François Truffaut Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes de 1973 con versión en galego