Salvador Peña Martín, nado en Granada en 1958, é un profesor e tradutor español
Traxectoria
É profesor de lingua árabe e tradución na Universidade de Málaga, mais tamén exerceu labores docentes nas universidades de Bagdad, Leeds, Granada, Tetuán e Castela A Mancha, entre outras.
Para as diferentes coleccións da Escola de Tradutores de Toledo, o profesor verteu do árabe ao español obras do exipcio Musad Basta, do libanés Rashid Al-Daif, do marroquí Abdelmajid Benjelloun e dos sirios Salim Barakat e Abu-l-Alá Al-Maarri (s.X).
En 2017 recibiu o Premio Nacional de Tradución de España pola versión ó castelán de Mil y una noches (كتاب ألف ليلة وليلة), tradución que tamén recibiu o Sheikh Hammad Award for Translation de Qatar (2016) e o Premio de Traducción de la Sociedad Española de Estudios Árabes (2017).
Véxase tamén Ligazóns externas Cultura premia la traducción de las Mil y una noches coordinada desde la Escuela de Traductores de Toledo
Categoría:Tradutores de España Categoría:Nados en Granada Categoría:Nados en 1958 Categoría:Tradutores do árabe Categoría:Profesores da Universidade de Málaga Categoría:Tradutores ao castelán