Not the Actual Events é o segundo EP e o décimo lanzamento oficial da banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails, lanzado fisicamente o 23 de decembro de 2016, pero aqueles que o preordearan recibiron un enlace de descarga un día antes. Este EP de Nine Inch Nails, o segundo despois de Broken, lanzado en 1992, marca a primeira aparición de Atticus Ross como membro oficial da banda. Foi lanzado dixitalmente e en vinilo.
Antecedentes Nunha entrevista con Apple Music, Trent Reznor mencionou que comezou a "xogar con algunhas cousas" con respecto a un novo álbum de Nine Inch Nails, afirmando: "Non é un disco que estou a tratar de terminar nun mes. É máis simplemente sentirse na escuridade e ver o que soa interesante". En decembro de 2015, Reznor dixo que "Nine Inch Nails volverá en 2016".
En decembro de 2016, Reznor falou acerca das súas declaracións do regreso de Nine Inch Nails en 2016: "Esas palabras saíron da miña boca, verdade? Só agarden e vexan que pasa". Tres días despois Reznor anunciou a saída de Not the Actual Events, xunto con reedicións de lanzamentos anteriores de Nine Inch Nails.
Listaxe de cancións
Persoal
Nine Inch Nails Trent Reznor - Voz principal, composición Atticus Ross - Composición
Músicos Adicionais Mariqueen Maandig - Coros ((pista 3)) Dave Grohl - Batería ((pista 4)) Dave Navarro - Guitarra ((pista 5))
Persoal Técnico Tom Baker – Masterización John Crawford – Dirección de arte Corey Holms – Deseño adicional Chris Holmes – Enxeñeiro Dustin Mosley – Enxeñeiro Alan Moulder – Mesturador Jun Murakawa – Enxeñeiro Chris Richardson – Enxeñeiro Atticus Ross – Mesturador
Referencias
Categoría:Álbums musicais de 2016 Categoría:Álbums de Nine Inch Nails