Luciano Blanco Suárez, nado cara a 1904 e finado en Ortigueira o 28 de febreiro de 1958Necrolóxica en La Voz de Galicia, 1-3-1958, p. 5., foi un político galego.

Traxectoria Correspondente de La Voz de Galicia en Ortigueira durante a República.La Voz de Galicia, 2-2-1933, p. 2. Afiliouse a Falange Española e logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro de Ortigueira e primeiro tenente-alcalde na comisión xestora presidida por Gonzalo Prieto Cao. Xuíz municipal de Ortigueira nos anos corenta. Foi alcalde de Ortigueira nos anos cincuenta até a súa morte en 1958. Foi deputado provincial. Morreu en Ortigueira con 53 anos.

Vida persoal Casou con Laura Pérez Catá.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Finados en 1958 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes