Alicia xa non vive aquí (en ) é un filme estadounidense de drama e comedia dirixido por Martin Scorsese e escrito por Robert Getchell. Está protagonizado por Ellen Burstyn, que interpreta unha viúva que viaxa co seu fillo preadolescente polo suroeste estadounidense na busca dunha vida mellor. Tamén aparecen no filme Alfred Lutter que intepreta o papel do seu fillo e Kris Kristofferson, como o home que coñecen durante a viaxe. Foi o cuarto filme de Martin Scorsese. Os actores secundarios inclúen a Billy "Green" Bush, Diane Ladd, Valerie Curtin, Lelia Goldoni, Lane Bradbury, Vic Tayback, Jodie Foster (nunha das súas primeiras aparicións no cinema), e Harvey Keitel.

Ellen Burstyn gañou o Oscar á mellor actriz e o BAFTA á mellor actriz pola súa interpretación, e o filme conseguiu o BAFTA ó mellor filme.

Estreouse en galego o 10 de abril de 1989 a través da TVG.

Personaxes Ellen Burstyn como Alice Hyatt Mia Bendixsen como Alice con 8 anos Alfred Lutter como Tommy Hyatt Kris Kristofferson como David Billy "Green" Bush como Donald Diane Ladd como Florence Jean Castleberry Valerie Curtin como Vera Lelia Goldoni como Bea Lane Bradbury como Rita Vic Tayback como Mel Sharples Jodie Foster como Audrey Harvey Keitel como Ben Murray Moston como Jacobs Harry Northup como camareiro de Joe & Jim

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1974 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Martin Scorsese Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes ambientados en Novo México Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de 1974 con versión en galego