Atlas de xeografía humana (en ) é un filme español dirixido por Azucena Rodríguez e baseado na novela homónima da escritora madrileña Almudena Grandes. Está protagonizado por Cuca Escribano, Montse Germán, María Bouzas e Rosa Vila. Estreouse nos cines o 23 de marzo de 2007. Non é a única adaptación que se fixo da novela, xa que unha televisión de Chile adaptouna como serie baixo o título Geografía del deseo.

Sinopse Ana, Rosa, Marisa e Fran son catro compañeiras dunha editorial que traballa na confección dun atlas de xeografía. Segundo van deseñando este atlas, o lector coñecerá a historia de cada unha das protagonistas, historias marcadas pola soidade, os soños truncados ou os amores inconfesados.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego Categoría:Almudena Grandes