A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) é unha asociación creada en 1996 que promove o contacto e coordinación dos traballadores/as de normalización lingüística. En 2013 foi galardoada co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra.
O proxecto Apego, Premio da Cultura Galega de Lingua 2017, naceu dunha proposta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
Organizan desde 2015 con periodicidade anual a xornada LGx15. Ideas para o futuro da lingua.
Premio Rosalía de Castro de lingua en 2026 na categoría de entidade que máis destaca na promoción do galego. O xurado recoñeceu a súa «traxectoria consolidada de trinta anos» e o seu papel como entidade referente «no desenvolvemento, coordinación e racionalización das políticas e accións de normalización lingüística en Galicia».
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da CTNL Páxina de LGx15
Categoría:Normalización lingüística do galego