O Aeroporto da baía de Oakland e San Francisco é un aeroporto estadounidense situado en Oakland, California. Atópase a uns 16 quilómetros ao sur do centro da cidade. Ten servizos de pasaxeiros a cidades dos Estados Unidos, México e Europa e voos de carga aos Estados Unidos, o Canadá e o Xapón.
Oakland é unha cidade focal para Southwest Airlines e Allegiant Air. En agosto de 2015 Southwest tiña 120 saídas diarias nos días máis concorridos da semana. Alaska Airlines xunto coa súa aeroliña irmá Horizon Air foi a segunda aeroliña con máis presenza no aeroporto ata o ano 2013. En 2014 Delta Air Lines superou a Alasca converténdose na segunda compañía con máis operacións en Oakland.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Oakland Categoría:Oakland