Cristina, nada en Estocolmo o 18 de decembro de 1626 e finada en Roma o 19 de abril de 1689 foi a raíña de Suecia dende 1632 ata a súa abdicación en 1654.

Traxectoria

Era a única filla do rei Gustavo II Adolfo e a súa esposa María Leonor de Brandemburgo. Ascendeu ao trono sueco con só seis anos de idade trala morte do seu pai na batalla de Lützen. Sendo a filla dun defensor do protestantismo na guerra dos Trinta Anos, Cristina causou escándalo ao abdicar en 1654 e converterse ao catolicismo. Pasou os seus últimos anos en Roma, volvéndose a líder da vida musical e teatral local. Como raíña sen país, protexeu moitos artistas e proxectos. Cristina morreu en 1689 e é unha das poucas mulleres enterradas no Vaticano.

Cristina estaba interesada en libros e manuscritos, relixión, alquimia e ciencia. Quería que Estocolmo se transformase na "Atenas do Norte". Influída pola Contrarreforma, sentiuse cada vez máis atraída pola cultura barroca e mediterránea que se desenvolveu lonxe do seu país.

Legado

O seu estilo de vida pouco común e o vestiario e comportamento masculino inspiraron novelas, obras teatrais, óperas e filmes. É un dos personaxes da novela Herba moura de Teresa Moure.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Project presentation Queen Christina of Sweden, the European Encyclopædia Britannica

Coins of Sweden by David Ruckser Queen Christina of Sweden Windweaver

Categoría:Reis de Suecia Categoría:Nados en 1626 Categoría:Finados en 1689 Categoría:Nados en Estocolmo