O barón Philipp Franz von Siebold, nado en Würzburg, Principado episcopal de Würzburg,En 1803 o bispado foi anexionado ao Electorado de Baviera. Despois da derrota austríaca de 1805, Baviera cedeu Wurtzburg ao antigo gran duque de Toscana Fernando III, que se coventeu en gran duque de Wurtzburg. Este novo Estado, que levou en principio o nome de Electorado de Wurtzburg (Kurfürstentum Würzburg) até 1806, e despois, o de Gran Ducado de Wurtzburg (Großherzogtum Würzburg). Tras a disolución do Sacro Imperio, o 30 de setembro 1806, o territorio formou parte da Confederación do Rin. Polo tratado austro-bávaro de 3 de xuño de 1814, foi disolvido e devolto a Baviera. Fernando III recuperou o Gran Ducado de Toscana despois do Congreso de Viena (1815). Desde 1805 a 1918 o teritorio formou parte do Reino de Baviera. A diocese católica de Wurtzburg foi restablecida en 1821, sen poder temporal. Sacro Imperio Romano-Xermánico, o 17 de febreiro de 1796, e finado en Múnic, Reino de Baviera, o 18 de outubro de 1866, foi un nobre, médico e botánico bávaro.
Foi o primeiro europeo que ensinou medicina occidental no Xapón.
Adquiriu notoriedade polo seu estudo da flora e a fauna do arquipélago nipón, un biótopo único abundante en endemismos.
Era irmán (ou primo) do anatomista e zoólogo Carl Theodor Ernst von Siebold (1804-1885).
Traxectoria Primeiros anos Nado en Würzburg, Baviera, no seo duna familia de médicos e profesores de medicina, von Siebold estudou inicialmente medicina na Universidade de Würzburg, desde novembro de 1815.
Un dos seus profesores foi Franz Xaver Heller (1775-1840), autor de Flora Wirceburgensis (Flora do Gran Ducado de Würzburg, 1810-1811). Ignaz Döllinger (1770-1841), seu profesor de anatomía e fisioloxía foi, porén, o que máis influíu nel. Döllinger foi un dos primeiros profesores en comprender e tratar a medicina como unha Ciencia da Natureza.
Von Siebold permaneceu en contacto con Döllinger, o cal, á súa vez, entraba en cotacto regularmente con outros científicos sobrsaíntes do seu tempo. Siebold leu os libros de Alexander von Humboldt, famoso naturalista e explorador, que probabelmente influíu para desexar viaxar a lugares afastados.
Philipp von Siebold graduouse en medicina en 1820. Exerceu como médico durante un tempo en Heidingsfeld, pequena localidade ao sur de Würzburg, no Reino de Baviera.
Ao servizo dos Países Baixos Invitado a pasar aos Países Baixos por un achegado á súa familia, entrou ao servizo sa Compañía Holandesa das Indias Orientais en 1822. Von Siebold solicitou un posto de médico militar, posto que lle permitiu viaxar ás colonias holandesas. Entrou no servizo militar holandés o 19 de xuño de 1822.
Foi asignado como médico na fragata Adriana para unha viaxe que, partindo de Rotterdam, debía de arribar a Batavia (actual Iacarta) nas Indias Orientais Neerlandesas (actualmente Indonesia). Durante a súa viaxe a Batavia na fragata Adriana practicou os seus coñecementos da lingua neerlandesa e, ademais, rapidamente aprendieu a lingua malaia. Durante a longa viaxe, von Siebold comezou a formar unha colección de fauna mariña. Chegou a Batavia o 18 de febreiro de 1823.
Como oficial médico que era, von Siebold foi asignado a unha unidade de artillaría. Porén, permaneceu unhas semanas na residencia do Gobernador Xeral para recuperarse dunha enfermidade.
Debido aos seus eruditos coñecementos, impresionou ao Gobernador Xeral Indias Orientais Neerlandesas, o barón Van der Capellen, e ao encargado do Xardín botánico de Buitenzorg,Buitenzorg, actualmente denominada Bogor, é unha cidade de Indonesia na illa de Xava, que era a residencia oficial do Gobernador Xeral das Indias Orientais Neerlandesas, aínda que a capital era a próxima cidade de Batavia (actual Iacarta). Caspar Georg Karl Reinwardt. Estes presentárono a Engelbert Kaempfer e Carl Peter Thunberg (autor da Flora Japonica), ambos os dous antigos médicos residentes en Dejima.
A Academia das Ciencias e as Artes de Batavia fíxoo un dos seus membros.
Chegada a Dejima: unha vocación oculta outra miniatura|260px|Dejima (abaixo, no centro) e a baía de Nagasaki, contra 1820. Pódense ver dous barcos holandeses e numerosos xuncos chineses.
Von Siebold foi enviado o 28 de xuño de 1823 nunha expedición científica neerlandesa a Dejima, illa artificial preto de Nagasaki, á que chegou o 11 de agosto dese mesmo ano. Durante a súa accidentada viaxe zafouse por pouco de afogar a causa dun tifón no mar da China Oriental.
Siebold foi o novo residente médico e científicoe Dejima; debido a que soamente se permitía permanecer nesa illa a un pequemo número de cidadáns holandeses, os posto de científico e de médico debían ser ocupados por unha mesma persoa. Nese momento, Deshima non pertencía á Compañía Holandesa das Indias Orientais, pero estaba baixo a influencia do estado neerlandés por razóns políticas.
O seu encontro co Xapón marcou o seu destino e a súa vocación.
Actividade como médico e profesor de medicina
Científicos xaponeses convidaron a Von Siebold para que lles mostrase as marabillas da ciencia occidental, aprendendo pola contra dos xaponeses os seus costumes. Despois de sandar a un influente oficial local, von Siebold gañou a prerrogativa de poder abandonar o posto comercial e poder desprazarse fóra del (cousa que lle estaba prohibida aos holandeses, que non podían "pisar o sabrado chan nipón". Apoveitou a oportunidade que se lle daba para tratar aos seus pacientes xaponeses que se encontaban na grande área ao redor do posto. Siebold adquiriu moito crédito pola introdución da vacinación e da anatomía patolóxica por primeira vez no Xapón.
En 1824, Siebold comezou a traballar nunha escola de medicina de Nagasaki, a Narutaki-juku (Escola Narutaki),2.Edo Period: Pre-conditions for Industrialization . O doutor Von Siebold dirixiu a ensinanza da medicina, chamada Rangaku, a numerosos alumnos xaponeses, coa axuda de 50 intérpretes (designados polo shōgun). A Escola Narutaki converteuse no lugar de encontro duns 50 rangakusei (estudantes).
Choei Takano, Ishii Sōken, Oka Kenkai, Takenouchi Gendō, Totsuka Seikai foron os seus principais alumnos. Os xaponeses recoñeceron a von Siebold o mérito de ter sido o experto que transmitiu a Ciencia occidental ao Xapón. A lingua neerlandesa converteuse na lingua franca nestes contactos académicos durante unha xeración, até a restauración Meiji.
Os seus pacientes pagábanlle con toda clase de obxectos e artefactos que máis tarde poderían ter importancia. Estes obxectos de uso cotián, máis tarde serían a base dunha enorme colección etnográfica, a cal constaba de obxectos de uso diario no fogar, traballos en madeira, ferramentas e pezas artesanais utilizadas polas xentes do Xapón.
A política e o amor miniatura|170px|Kusumoto Otaki.
Von Siebold foi encargado polo goberno holandés para que recollese todo tipo de informacións sobre o Xapón, pero non falaba nin lía a lingua xaponesa.
Porén, Siebold puido encontrar intérpretes e entusiastas colaboradores entre os seus rangakusei (alumnos), o que lle permite redactar en neerlandés memorias que cobren todos os aspectos da civilización xaponesa: flora, fauna, lingüística, historia e xeografía.
miniatura|esquerda|170px|Kusumoto Ine.
Os matrimonios mixtos entre xaponeses e occidentais estaban prohibidos, pero von Siebold coñeceu pronto a O'Taki San (楠本滝 Kusumoto Otaki), coa que viviu amancebado e quizais casou.
Os documentos de cortesá, permitíronlle a Kusumoto Otaki acceder a Dejima, enclave que estaba prohibido aos xaponeses, exceptuando ás cortesás.
En 1827 Kusomoto Otaki deu á luz unha filla, Kusumoto Ine, tamén coñecida como Oine.
Anos máis tarde Oine foi a primeira doutora en medicina occidental, e parteira (hebamme) do Xapón.
Por dicir mellor, foi a primeira muller xaponesa que recibiu un adestrenamento por un médico, e converteuse ela mesma nunha apreciada médica, chegando a ser médica da emperatriz, na Corte de Tokyo en 1882. Morreu na Corte en 1903.Unterstein.net: Familia Siebold.
Von Siebold adoitaba chamar á súa esposa "Otaksa" (nome probabelmente derivado de O'Taki San), e nomeou unha especie do xénero Hydrangea na súa honra, Hydrangea otaksa Siebold & Zucc., hoxe clasificada como Hydrangea macrophylla (Thunb.) Ser., 1830.
Un dos seus cultivares, coñecido como "Otaksa", é unha das hortensias máis cultivadas en Galicia.
Actividade como naturalista miniatura|250px|Siebold en Dejima coa súa amante xaponesa Kusumoto Otaki e a súa pequena filla Kusumoto Ine observando cun teresukoppu (telescopio) a entrada dun barco holandés na baía de Nagasaki. Cadro de Kawahara Keiga: Chegada dun barco holandés. miniatura|250px|Ilustración feita para Siebold por Kawahara Keiga do cangrexo Carcinoplax longimana. miniatura|250px|Dasyatis zugei por Kawahara.
Porén, o seu máximo interese estaba enfocado no estudo da fauna e a flora xaponesas. Recolectou tanto material como puido. Comezou a plantar un pequeno xardín botánico detrás da súa casa, (non había moito espazo na pequena illa). Von Siebold reuniu máis de 1 000 plantas nativas. Nunha casa de cristal especialmente construída (invernadoiro), cultivaba as plantas xaponesas para que puideran soportar posteriormente o clima holandés. Artistas locais xaponeses debuxaron imaxes destas plantas, creando ilustracións botánicas e imaxes da vida diaria do Xapón, que complementaban a súa colección etnográfica. Von Siebold contratou cazadores xaponeses para conseguir animais raros e recolectar espécimes. Moitos destes espécimes foron recolectados coa axuda de colaboradores xaponeses, como Ito Keiske (1803—1901), Mizutani Sugerok (1779—1833), Ohkochi Zonshin (1796—1882) e Katsuragawa Hoken (1797—1844), un médico do shōgun. Ademais, o asistente de von Siebold e o seu sucesor, Heinrich Bürger (1806-1858), demostrou ser un elemento indispensábel para o bo desenvolvemento do traballo de von Siebold no Xapón.
Von Siebold foi o primeiro introdutor en Europa de plantas de xardín que actualmente resultan moi familiares, como moitas do xénero Hosta, da familia das asparagáceas, e Hydrangea otaksa. Sen que o souberan os xaponeses, tamén sacou de contrabando fóra do país sementes xerminábeis da planta dol té, para o xardín botánico de Buitenzorg, en Batavia. Con este acto tan simple, comezou o cultivo do té na illa de Xava, daquela colonia holandesa. Até entón, o Xapón reservara estritamente o comercio de plantas de té. Cómpre salientar que, en 1833, Xava albergaba xa máis de medio millón de plantas de té.
Durante a súa permanencia en Dejima, von Siebold despachou tres navíos cun número descoñecido de espécimes de herbario a Leiden, Gante, Bruxelas e Anveres. Na carga mandada a Leiden ía o primeiro espécime da salamandra xigante de Japón, Andrias japonicus, (Temminck, 1836), que se enviou a Europa.
En 1825 a Compañía das Indias Orientais subministroulle a von Siebold dous asistentes: o farmacéutico e mineraloxista Heinrich Bürger (o seu último sucesor) e o pintor Carl Hubert de Villeneuve. Ambos os dous resultáronlle moi útiles nos seus esforzos investigadores, que abarcaban desde a etnografía e a botánica até á horticultura, no seu intento de documentar a súa exótica experiencia xaponesa.
Sábese que von Siebold non tiña un carácter doado de tratar, e continuamente entraba en conflito cos oficiais neerlandeses de rango superior, que censuraban a súa actitude de superioridade no trato. Este rosario de conflitos conduciu a que as autoridades reclamaran que volvera a Batavia en xullo de 1827. Pero o barco Cornelis Houtman, que foi enviado para conducilo de volta a Batavia, foi guindado por un tifón contra a costa da baía de Nagasaki. A tormenta danou gravemente Dejima e destruíu o xardín botánico de von Siebold. Refrotado e reparado o Cornelis Houtman, von Siebold enviou a Batavia 89 caixóns co que se puido salvar da súa colección botánica no naufraxio; porén, el permaneceu en Dejima.
O incidentre Siebold: expulsión do Xapón