Sitta castanea é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae endémica da India.
Descrición e hábitat 170px|esquerda|miniatura Esta especie foi separada por Rasmussen e Anderton (2005) de Sitta cinnamoventris, xa que antes formaban parte do mesmo taxon.Rasmussen, PC; Anderton, J (2005). The Birds of South Asia: The Ripley Guide. Smithsonian Institution e Lynx Edicions. Esta agatuñadeira india (incluíndo os prateri dos Ghats occidentais) encóntrase ao sur do río Ganges. É a única agatuñadeira de dorso gris e ventre avermellado da India. Igual que en S. cinnamoventris: ten un peteiro máis pequeno e unha cabeza máis clara que o manto. Os padróns das ás e a cola carecen de contraste e ten manchas grises castañas na zona subcaudal nas cobertoiras. Reside na chaira de Terai e Ganges e esténdese polo interior da India central, os Ghats orientais, o Sundarbans e hai unha poboación disxunta nos Ghats occidentais. A época de cría é de febreiro a xullo. A vocalización é diferente da de S. cinnamoventris.
O seu hábitat natural son os bosques secos subtropicais ou tropicais, bosques de terras baixas húmidas subtropicais ou tropicais, e bosques nubrados húmidos subtropicais ou tropicais.
Taxonomía Segundo o Congreso Ornitolóxico InternacionalSitta cashmirensis W.E. Brooks, 1871 da orde Passeriformes polo Congreso Ornitolóxico Internacional . e Alan P. Peterson,Peterson, Alan P. « Sitta nagaensis dos Passeriformes» . existen dúas subespecies: S. c. castanea (), no norte e centro da India; e S. c. prateri () no leste dese país.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitta castanea e a súa distribución en Avibase. Ficha na UICN . Ficha en Animal Diversity Web . Sitta castanea Lesson, 1830 en uBio .
Categoría:Sítidos Categoría:Animais descritos en 1830