Karla Camila Cabello Estrabao, máis coñecida como Camila Cabello, nada en Benito Juárez, Cidade de México, México o 3 de marzo de 1997, é unha cantante e compositora cubana-mexicana que vive nos Estados Unidos. Ela é popularmente coñecida por ser membro do grupo Fifth Harmony, xunto a Lauren Jauregui, Normani Kordei, Ally Brooke e Dinah Jane. En solitario, Cabello lanzou dous sinxelos que fixeron o Billboard Hot 100 top 20: "I Know What You Did Last Summer" con Shawn Mendes e "Bad Things" con Machine Gun Kelly, a última chegando ao número catro. En maio de 2017, Cabello lanzou o sinxelo "Crying in the Club" e anunciou o seu primeiro álbum en solitario, Camila, con éxitos como Havana e Never Be The Same. En 2018 fixo o Never Be The Same Tour.

Vida persoal Comezou a saír co cantante canadense Shawn Mendes en xullo de 2019. A relación causou controversia, xa que ambos foron acusados de tentar formar unha relación para facer publicidade, pero Mendes insistiu en que "definitivamente non era un truco publicitario". A relación foi confirmada despois do lanzamento da súa canción "Señorita". En novembro de 2021, Cabello e Mendes anunciaron a súa ruptura.

Discografía Camila (2018) Romance (2019) Familia (2022) TBA (2024)

Notas

Categoría:Personalidades do pop Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados na Cidade de México