O amháricoDicionario Ir Indo (አማርኛ, ämerəña) é unha lingua semítica falada polos amháricos no norte e no centro de Etiopía, onde é lingua oficial. Toma o seu nome da rexión de Amhara, no centro de Etiopía.

Fóra de Etiopía, o amhárico é a lingua de 2 700 000 emigrantes, que viven en Exipto, Israel e Suecia. Tamén é falada en Eritrea polos deportados eritreos procedentes de Etiopía.

É a segunda lingua semítica no tocante a número de falantes, por detrás do árabe e por diante de linguas como o tigriña e o hebreo.

Escríbese usando un alfasilabario chamado "fidel" ou "abugida" adaptado do que se usou para escribir a extinta lingua ge'ez.

Fonemas e grafías + ConsoantesBilabiaisDentaisPalataisVelaresGlotaisOclusivosxordossonorosexectivosAfricadosfricativosxordossonorosnasaisLíquidosVibrantes

+VogaisAnterioresCentraisPosterioresPechadas MediasAbertas

Símbolos do abugida (silabario) amhárico ("Fidels" ፊደል) O abugida ou silabario etíope ten un total de 231 signos que representan sílabas, resulta de combinar os 7 fonemas vogálicos cos 33 fonemas consonánticos da lingua amárica. <TABLE border="1" cellpadding="3" cellspacing="0" style="border-collapse: collapse;text-align:center;"> <CAPTION>'Grafías (Non están na orde tradicional)</CAPTION>

ä u i a e

o

p ፐ ፑ ፒ ፓ ፔ ፕ ፖ </TR> t ተ ቱ ቲ ታ ቴ ት ቶ

c ቸ ቹ ቺ ቻ ቼ ች ቾ

k ከ ኩ ኪ ካ ኬ ክ

ኮ

ኸ ኹ ኺ ኻ ኼ ኽ ኾ

b በ ቡ ቢ ባ ቤ ብ ቦ

d ደ ዱ ዲ ዳ ዴ ድ ዶ

J ጀ ጁ ጂ ጃ ጄ ጅ ጆ

g ገ ጉ ጊ ጋ ጌ ግ ጎ

p’ ጰ ጱ ጲ ጳ ጴ ጵ

ጶ

t’ ጠ ጡ ጢ ጣ ጤ ጥ

ጦ

c’ ጨ ጩ ጪ ጫ ጬ ጭ

ጮ

k’ ቀ ቁ ቂ ቃ ቄ ቅ

ቆ

7 አ ኡ ኢ ኣ ኤ እ ኦ

ä u i a e

o ts’ ጸ ጹ ጺ ጻ ጼ ጽ ጾ

f ፈ ፉ ፊ ፋ ፌ ፍ ፎ

s ሰ ሱ ሲ ሳ ሴ ስ ሶ

S ሸ ሹ ሺ ሻ ሼ ሽ ሾ

h ሀ ሁ ሂ ሃ ሄ ህ

ሆ

ሐ ሑ ሒ ሓ ሔ ሕ ሖ

z ዘ ዙ ዚ ዛ ዜ ዝ ዞ

Z ዠ ዡ ዢ ዣ ዤ ዥ ዦ

m መ ሙ ሚ ማ ሜ ም ሞ

n ነ ኑ ኒ ና ኔ ን ኖ

ñ ኘ ኙ ኚ ኛ ኜ ኝ

ኞ

w ወ ዉ ዊ ዋ ዌ ው ዎ

l ለ ሉ ሊ ላ ሌ ል ሎ

j የ ዩ ዪ ያ ዬ ይ ዮ

r ረ ሩ ሪ ራ ሬ ር ሮ

ä u i a e

o

</TABLE>

Nomes Xénero Os nomes amháricos poden ter xénero masculino ou feminino. Existen diferentes medios de expresa-lo xénero. Un exemplo é o antigo sufixo -t para forma-lo feminino, limitado a certos modelos e a certos nomes illados. Os nome e adxectivos que rematan en -awi forman normalmente o feminino co sufixo -t: por exemplo, ityop':eya-(a)wi, "etíope" (m.), fronte a ityop':eya-wit-t, "etíope" (f.); sämay-awi, celestial" (m.), fronte a säway-awi-t, "celestial" (f.). Este sufixo utilízase tamén en nomes e adexectivos baseados no modelo k'et(t)ul, por exemplo, nəgus, 'rei', fronte a nəgəs-t, "raíña", e, k'əddus, "santo", fronte a k'əddus-t, "santa".

Algúns nomes e adxectivos forman o feminino con -it''': lək, "rapaz" fronte a lək'-it, "rapaza"; bäg, "carneiro", fronte a bäg-it, "ovella"; s'əmagəlle, "ancián", fronte a s'əmagəll-it, "anciá"; t'ot'a, "mono", fronte a bäg-it, "mona". Outros nomes teñen esta terminación de feminino inda que non existe un oposto masculino: no caso de s'ärar-it, "araña", ou azur-it, "remuiño". Existen tamén, porén, nomes que teñen o sufixo -it e compórtanse gramaticalmente como masculinos: säraw-it, "exército"; nägar-it, "bombo".

O xénero feminino non se usa só para indicar o sexo biolóxico, senón tamén para expresar tamaño pequeno. Así ocorre en bet-it-u, "a casiña" (literalmente, cas-FEM-ARTIGO). O morfema de feminino pode servir tamén para expresar tenrura ou simpatía.

Números ande = 1; hulet = 2; sost = 3; arat = 4; ammist = 5; siddist = 6; sebat = 7; semment = 8; zetegn = 9; asir = 10; asra ande = 11; asra hulet = 12; asra sost = 13; asra arat = 14; asra ammist = 15; asra siddist = 16; asra sebat = 17; asra semment = 18; asra zetegn = 19; haya = 20; haya ande = 21; selasa = 30; arba = 40; hamsa = 50; selesa = 60; seba = 70; semanya = 80; zetena = 90; meto = 100; shee = 1000; meelyon = 1000000.

Vocabulario básico Bos días: ëndemën aderu Boas tardes: dehna yideru Ola: selam/tadiyaas Adeus: t‘eanast‘ëllën Por favor: ëbakon Grazas: amesegënallô Moitas grazas: bet‘am amesegënallô De nada: ënkwan dehna met‘u Perdón: yik‘ërta Síntoo: aznallô Si: awo Non: ie Benvido : selam Entende?: gebbawot? Entendo: gebëtonyal Non entendo: algebanyëm Cmo estás?: dehna not? ¡Ben!: dehna! Como te chamas? : sëmëwot man nô? Chámome... : sëmea... nô. De onde es? : ke yeat ager not? Cantos anos tes?: ëdmeawot sëntë?' Teño ... anos: ...ametea nô.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en amhárico Abe Gubegna

Ligazóns externas Introdución á lingua amhárica na web Linguas do mundo e tipoloxía lingüística'', da Universidade de Vigo.

Categoría:Lingua amhárica Categoría:Linguas semíticas Categoría:Linguas de Etiopía