Elisa Maseda Arango, coñecida como Elisa Lamas, nada en Mondoñedo en 1929 e finada o 27 de maio de 2012, foi unha xornalista galega.

Traxectoria Filla de Antonio Maseda Bouso. Fixo o bacharelato por libre. Estudou Dereito na Universidade de Salamanca. Traballou en Madrid nas revistas católicas Signo e Cumbre. Asistiu aos cursos de Xavier Zubiri, onde coñeceu a Manuel Jiménez de Parga, co que casou en 1956. Nos aos sesenta e setenta foi unha das líderes dun movemento feminista que loitaba contra a marxinación da muller, xunto a María Aurelia Capmany, Lidia Falcón, Carmen Alcalde e Magda Oranich. Colaborou nas revistas Destino e El Ciervo e nos periódicos La Vanguardia e Diario 16 con artigos sobre o feminismo, o novo rumbo da Igrexa, a democracia e a liberdade. Foi procesada catro veces polo TOP polos seus artigos en Destino. nas eleccións xerais de 1977 foi candidata ao Congreso pola provincia de Barcelona nas listas da UCD.

Obras Once historias perversas y una ejemplar, 1986.

Véxase tamén Ligazóns externas Elisa Lamas, la escritora de Mondoñedo pionera del feminismo en España Elisa Lamas, una escritora creyente y progresista

Categoría:Xornalistas de Mondoñedo Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes