Javier Chércoles Blázquez nado en Caracas (Venezuela) en 1964, é un directivo do sector da moda.

Traxectoria É licenciado en Dereito pola UNED e Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense."Javier Chércoles Consejero corporativo de crisis de Primark" , perfil en Moda ES

Entre 2000 e 2010 traballou para Inditex. Chércoles foi o encargado de confeccionar o Código Ético Interno de Conduta de Zara, documento que regula o funcionamento das fábricas que traballan para Inditex. Ten traballado para PwC.

En Bangladesh En 2008, Chércoles foi a Bangladesh para comprobar persoalmente a situación dunha fábrica en Dhaka, na que se sucedían abusos verbais e físicos, así como recortes de soldo. Chércoles recoñeceu que a fábrica estaba en condicións "moi pobres", pero asegurou que non había evidencia de que estivesen a fabricar para Inditex. Despois descubriu que estaba asociada a outra fábrica que si producía roupa para Zara. Os obradoiros estaban preto uns doutros, e Chércoles admitiu que era posible que transferisen parte da produción dun a outro sen a autorización nin coñecemento de Inditex. Como director de RSC decidiu afondar nos controis laborais na cadea de produción, medidas de control coas que non estaba de acordo a dirección de Inditex. En 2010 deixou o posto cobrando 1,57 millóns de euros."El exdirector de RSC de Inditex fue cesado por diferencias con la Dirección" , artigo en compromiso RSE, 3 de maio de 2011 . En abril de 2013 en Dacca, Bangladesh, derrubouse o edificio Rana Plaza e morreron 1134 traballadores. Foi contratado pola multinacional irlandesa Primark para pagar 14 millóns de euros ás vítimas."Un seguro para el textil Un exdirectivo de Inditex y profesor universitario en Bangladesh promueve un sistema de protección social para empleados de países en desarollo" , artigo en El Periódico, 16 de xuño de 2016 . A finais de 2024, deixou Primark para asumir a dirección do Simon Institute, organización que impulsa, entre outros, un proxecto de responsabilidade corporativa promovido por Associated British Foods, matriz de Primark.

Na universidade Recluíuse no mosteiro de Santo Domingo de Silos, durante seis meses para escribir a súa tese de doutoramento en inglés."Los secretos de Chércoles, en una tesis" , artigo en Economía Digital, 14 de abril de 2014 . Dende xuño de 2013 traballa como profesor na Universidade de Dacca, Bangladesh no Institute of Disaster & Vulnerability Management Studies.

Obra Navigating into the Spider’s Web. Developing Resilience in the Wake of an Industrial Disaster in the Bangladesh Ready Made Garment Sector (2012). Tese de doutoramento, dirixida por Alfred Vernis i Domènech. Universitat Ramon Llull.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Roupa Industria téxtil Colapso do Rana Plaza Precariedade laboral Sinistralidade laboral Dereito laboral

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Inditex Categoría:Empresarios do sector téxtil Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia