Stella é un satélite artificial do CNES francés lanzado o 26 de setembro de 1993 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou xunto co satélite SPOT 3.

Características Stella é practicamente idéntico ao satélite Starlette, posto en órbita en 1975, e foi lanzado para servir como reflector pasivo desde o espazo co que realizar medidas xeodésicas de alta precisión. Para iso ía recuberto con 60 retrorreflectores láser grazas aos que se podían facer medicións cun centímetro de precisión. O satélite en si tiña forma esférica de 12 cm de radio e 48 kg de masa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ariane 4 Starlette

Categoría:Satélites artificiais