A OU-320 (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Piñeira de Arcos (Sandiás) e A Ponte Noalla (San Cibrao das Viñas); atravesa os concellos de Sandiás, Allariz, Taboadela e San Cibrao das Viñas. Ten unha lonxitude de 19,32 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 en Piñeira de Arcos (Sandiás) e finaliza nun cruzamento coa OU-538 na Ponte Noalla (San Cibrao das Viñas).
Percorrido
Desde o seu comezo ascende cara ao alto de Allariz. Pasa por Guimarás, Nanín, Allariz, Outeiro de Orraca, Gundiás, Taboadela, O Mesón de Calvos (a carón da estación de Taboadela) e chega á Ponte Noalla. A prolongación cara a Ourense é a OU-105.
No seu percorrido conserva varios fitos quilométricos da N-525.
Varios dos seus tramos son de titularidade municipal, nos núcleos urbanos das vilas de Allariz e Taboadela.
Notas
Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Ourense Categoría:Sandiás Categoría:Allariz Categoría:Taboadela Categoría:San Cibrao das Viñas