Rafael Yglesias, nado en Manhattan (Nova York) o 12 de maio de 1954, é un novelista e guionista estadounidense. É coñecido polo seu traballo no filme de 1993 Fearless, no cal adaptou a súa propia novela para facer o guión.

Traxectoria Os seus pais eran os novelistas José Yglesias (de orixe galega) e Helen Yglesias. Asistiu á Horace Mann School e á Academia George Stevens en Blue Hill, Maine.

Casou con Margaret Joskow en 1977. Os seus fillos son o xornalista Matthew Yglesias; e Nicholas, un novelista. A enfermidade e morte de Joskow por mor dun cancro formaron a base da aclamada novela A Happy Marriage, que gañou o Premio do Libro de Los Angeles Times en 2009. Casou con Donna Redel en 2013; separaron en 2014 e posteriormente divorciáronse. Casou coa novelista Ann Packer e vive en Nova York.

Obra Hide Fox, and All After The Work Is Innocent The Game Player Hot Properties Only Children The Murderer Next Door Fearless Dr. Neruda's Cure for Evil A Happy Marriage The Wisdom of Perversity Fabulous at Fifty

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América