A lingua galesa ou galés (Cymraeg ou y Gymraeg en galés, pronunciado /kəmˈrɑːɨɡ/, /ə ɡəmˈrɑːɨɡ/), é a lingua falada polo pobo galés, que é membro da póla britónica das linguas célticas falada en Gales (Cymru), en Inglaterra, nalgúns sitios preto da fronteira galesa, e na colonia de inmigrantes galeses no val de Chubut, na Patagonia arxentina.

Hai tamén falantes de galés ao redor do mundo, especialmente no resto da Gran Bretaña, os Estados Unidos, o Canadá, a Arxentina e Australia. O galés está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Debido ao crecente uso do inglés, o número de falantes de galés foi descendendo desde hai décadas. Con todo, de resultas dun número de medidas, entre elas a introdución da Acta da lingua galesa de 1993, o galés vén gozando dun forte rexurdimento nos últimos anos e ten un status de igualdade co inglés no sector público en Gales. É a lingua céltica máis falada.

Ver lingua inglesa de Gales en relación coa lingua inglesa tal e como se fala en Gales.

Status miniatura|250px|Letreiro bilingüe en Caernarfon.

miniatura|250px|Sinal de tráfico bilingüe en Cardiff. O estudo de uso da lingua galesa de 2004 amosa que o 21.7% da poboación de Gales é falante de galés. Isto supón un aumento desde o 20.5% no censo de 2001 e desde o 18.5% in 1991. O censo de 2001 tamén mostra que sobre o 25% dos residentes en Gales naceran fóra de Gales. Descoñécese o número de falantes de galés no resto da Gran Bretaña. En 1993, S4C, o canal televisivo en lingua galesa, publicou os resultados dun estudo sobre o número de xente que falaba ou entendía galés e nel estimábase que había preto de 133.000 falantes de galés vivindo en Inglaterra, deles sobre 50.000 na área do Gran Londres e en cidades e aldeas fronteirizas nas Welsh Marches como Oswestry.Summary of 1993 S4C survey

Historicamente, gran número de galeses só falaban galés, pero hoxe en día, os falantes monoglóticos de galés son hoxe practicamente inexistentes. Case sen excepción os falantes de galés falan tamén inglés (ou, no caso dos da provincia de Chubut, castelán). Con todo, unha gran cantidade de falantes de galés exprésase con máis comodidade nesa lingua que en inglés. O uso dunha ou doutra lingua pode variar segundo o contexto social ou o tema do que se fale.

Malia ser o galés unha lingua minorizada, o apoio á lingua incrementouse durante a segunda metade do século XX, ao lado do aumento de organizacións como o partido nacionalista Plaid Cymru e a Sociedade da Lingua Galesa, Cymdeithas yr Iaith Gymraeg.

Como primeira lingua, o galés está máis estendido en zonas menos urbanas, como o norte e o oeste, especialmente Gwynedd, Denbighshire (Sir Ddinbych), Anglesey (Ynys Môn), Carmarthenshire (Sir Gaerfyrddin), o norte de Pembrokeshire (Sir Benfro), Ceredigion, partes do oeste de Glamorgan (Morgannwg), noroeste e extremo suroeste de Powys, malia poderse atopar falantes de galés como primeira lingua ou persoas que o falan con fluidez por todas partes en Gales.

O galés é unha lingua viva, empregada na conversación por miles de persoas como se pode ver nas rúas de Gales. A Lei da Lingua Galesa de 1993 e a Lei de Goberno de Gales de 1998 estipulan que as linguas galesa e inglesa deben ser tratadas por igual. Os organismos públicos deberán preparar e implementar un Plano de Lingua Galesa. Os concellos e a Asemblea de Gales empregan o galés como lingua oficial, producindo os textos oficiais e a publicidade en versión galesa (por exemplo, cartas aos pais da escola, información da biblioteca e información do concello) e todos os sinais de tráfico de gales deben estar en inglés e en galés, incluíndo a versión galesa dos topónimos. O ensino do galés é agora obrigatorio en todas as escolas de gales ata os dezaseis anos: isto tivo un grande efecto na estabilización da lingua e axuda a reverter a tendencia no declive da lingua. Isto significa, por exemplo, que mesmo os fillos de emigrantes monoglóticos ingleses a Gales medran cun coñecemento da lingua. Con todo a gran maioría da xente das cidades do sur de Gales non usan a lingua na vida diaria.

O goberno do Reino Unido ratificou a Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias con respecto ao galés.

A importancia da lingua medrou desde a creación do canal de televisión S4C en novembro de 1982, que emite exclusivamente en galés durante as horas de máxima audiencia. O principal informativo da tarde producido pola BBC en galés é dispoñíbel para descarga (Real Media).

Desde decembro de 2001 o goberno británico planea que todos os inmigrantes coñezan o inglés. Queda por ver se o galés vai ser considerado un caso á parte. Hoxe, un coñecemento de inglés, galés ou gaélico escocés é suficiente para obter a naturalización e pénsase que esta política ha continuar malia os cambios da lei.

Historia

Como a maioría das linguas, na historia do galés existen períodos identificábeis, malia a s fronteiras entre eles seren a miúdo moi fluídas.

Galés antigo

As máis antigas fontes dunha lingua identificábel como galés remóntanse ata aproximadamente o século VI, e a lingua deste período coñécese como Galés primitivo. Queda moi pouco deste período. O seguinte período principal, algo mellor testemuñado, é o galés antigo (Hen Gymraeg) (séculos IX a XI); conservamos poesía tanto de Gales como Escocia nesta forma da lingua. Cando a colonización xermánica e gaélica de Gran Bretaña progresou, os falantes britónicos en gales ficaron separados dos da Inglaterra setentrional, falantes de cúmbrico, e dos do suroeste, falantes da lingua que despois se converteu en córnico, e deste xeito as linguas diverxeron. A esta época pertence tanto o Canu Aneirin como o Canu Taliesin.

Galés medio

Galés medio (ou Cymraeg Canol) é a etiqueta posta ao galés dos séculos XII a XIV, período do que nos quedan máis restos que no anterior. Esta é a lingua de case todos os manuscritos antigos sobreviventes dos Mabinogion, malia os contos mesmos seren moito máis vellos. É tamén a lingua dos manuscritos existentes da Lei galesa. O galés medio é razoabelmente intelixíbel para un falante de galés moderno cun pouco de traballo.

Galés moderno

O galés moderno poden dividirse en dous períodos. O primeiro, Galés moderno inicial vai desde o século XIV ata aproximadamente o final do século XVI e foi a lingua usada por Dafydd ap Gwilym.

Galés moderno posterior

Esta etapa comeza coa publicación da tradución da Biblia de William Morgan en 1588. Como no caso da tradución ao inglés, a versión do rei Xaime, isto demostrou ter un efecto de estabilización na lingua. Por suposto, ten habido moito cambio menor na lingua desde aquela.

O século XIX

A lingua tivo un novo pulo no século XIX coa publicación dalgúns dos primeiros dicionarios completos do galés. O traballo anterior dos pioneiros lexicógrafos galeses, tales como Daniel Silvan Evans, aseguráronse da correcta documentación da lingua, e os dicionarios modernos como o Geiriadur Prifysgol Cymru (o Dicionario da Universidade de Gales), son descendentes directos destes dicionarios.

Con todo, o influxo dos traballadores ingleses durante a Revolución Industrial en Gales desde aproximadamente o 1800 levou a unha adulteración substancial da poboación de fala galesa de Gales. Os inmigrantes ingleses rara vez aprendían galés e os seus colegas galeses tendían a falaren inglés cando había algún inglés, e o bilingüismo fíxose case total. O status legal do galés era inferior ao do inglés, e, dese xeito, o inglés pouco e pouco comezou a prevalecer, agás nas áreas máis rurais, particularmente no noroeste e no Gales central. Unha excepción importante, con todo, foron as igrexas non conformistas, que estaban fortemente asociadas coa lingua galesa.

Séculos XX e XXI

No século XX o número de falantes de galés baixou a un punto que facía prever a extinción da lingua en poucas xeracións. A primeira vez que o censo decenal comezou a preguntar cuestións lingüísticas foi en 1891, nesta época o 54% da poboación aínda falaba gales. A porcentaxe descendía con cada censo, ata acadar a taxa máis baixa en 1981 (19%). En 1991 a posición era estábel (19% como en 1981) e no censo máis recente, 2001, subira ata un 21% que pode falar galés. O censo de 2001 tamén rexistra que o 20% podía ler galés, o 18% podíao escribir e o 24% podíao comprender. Ademais, a porcentaxe máis elevada de falantes de galés estaba entre a mocidade, cousa que presaxia algo bo para o futuro do galés. En 2001, o 39% dos nenos de entre 10 e 15 anos eran quen de falar, ler e escribir galés (moitos aprendérono na escola), comparado co 25% dos de 16 a 19 anos. Con todo, a porcentaxe de falantes de galés en áreas onde é falado pola maioría está aínda en declive.

Semella que o aumento do nacionalismo galés atraeu axudas á lingua, e o establecemento da radio e televisión galesas atopou unha masa de audiencia que estaba preocupada pola retención do seu galés. O que se cadra é o máis importante de todo é que a finais do século XX o estudo do galés se fixo obrigatorio para todos os alumnos de ata 16 anos, e isto tanto reforzou a lingua das áreas de fala galesa como reintroduciu polo menos un coñecemento elemental da lingua en áreas que se converteran case completamente en anglófonas. Detívose a caída da porcentaxe de galeses que sabe falar galés e mesmo hai signos dunha modesta recuperación. Con todo, malia ser o galés a lingua cotiá nalgunha partes de Gales, o inglés é comprendido por todo o mundo.

Ortografía

Ver artigo principal: o alfabeto galés.

O galés escríbese nunha versión do alfabeto latino que consta de 28 letras, das que oito son dígrafos tratados como letras simples para os efectos de cotexo:

a, b, c, ch, d, dd, e, f, ff, g, ng, h, i, l, ll, m, n, o, p, ph, r, rh, s, t, th, u, w, y

As letras j e v, malia non empregárense orixinariamente para escribir galés, tomáronse prestadas do alfabeto inglés, e, cunhas poucas excepcións, son usadas só en nomes propios.

O diacrítico máis usual é o circunflexo, que se usa nalgúns casos para marcar unha vogal longa.

Gramática

Fonoloxía

Consoantes

o galés ten os seguintes fonemas consonánticos:

  Bilabial Labiodental Labiovelar Dental Alveolar Alveolarlateral Postalveolar Palatal Velar Glotal Oclusiva               Africada                   Nasal               Fricativa       vibrante                   Aproximante              

só aparece en préstamos non asimilados. e aparecen especialmente en préstamos, pero tamén nalgúns dialectos como evolución de e ; as nasais xordas , , só aparecen como consecuencia de mutación nasal.

Vogais

miniatura|300px|Táboa que representa os formantes vocálicos dun falante de galés de Bangor. Monotongos Posteriores Central Anteriores Pechada Semipechada Media pechada Media aberta Aberta  

As vogais e só aparecen nos dialectos do norte; nos do sur son substituídas por e respectivamente. Nos dialectos meridionais, o contraste entre vogais longas e breves só se atopa en sílaba tónica; nos dialectos setentrionais, o contraste só se atopa en sílabas finais acentuadas (incluíndo monosílabos).

A vogal non aparece en sílaba final de palabra (agás nuns poucos monosílabos).

Ditongos O segundo compoñente é posterior O segundo compoñente é central O segundo compoñente é anterior O primeiro compoñente é pechado   O primeiro compoñente é medio O primeiro compoñente é aberto

Os ditongos que conteñen só aparecen nos dialectos setentrionais; nos dialectos meridionais é substituído por , converxen en , e converxen en .

O acento

O acento en polisílabos aparece normalmente na penúltima sílaba, moi raramente na última.

A colocación do acento significa que palabras e conceptos relacionados (ou mesmo plurais) poden soar bastante diferentes, cando se lle engaden sílabas ao final dunha palabra e o acento se move en correspondencia, e.g.:

ysgrif — /ˈəsgriv/ — un artigo ou ensaio. ysgrifen — /əsˈgriven/ — escritura. ysgrifennydd — /əsgriˈvenɨð/ — un secretario.