John A. Garcia, nado en Galicia en 1949, é un emprendedor e filántropo estadounidense, fundador da empresa de videoxogos NovaLogic.Corporate History - Novalogic.com.
Traxectoria Garcia naceu en Galicia mais marchou coa súa familia sendo neno para os Estados Unidos fuxindo da ditadura de Franco.MobyGames - John A. Garcia Estudou na London Film School e tentou fundar unha industria do cinema nos Emiratos Árabes Unidos. Trasladouse a California e ingresou na compañía Datasoft, da que chegou a ser vicepresidente. En 1985 fundou Novalogic, da que foi presidente ata a súa venda no 2016 a THQ Nordic. Entre os videoxogos que lanzaron están a saga Comanche e as sucesivas entregas de Delta Force.
Vida persoal
É irmán do oncólogo Francisco Garcia-Moreno e pai de dous fillos. Notas
Véxase tamén Outros artigos Estadounidenses de orixe galega Ligazóns externas
John A. García, o galego que creou o videoxogo Delta Force
Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Nados en Galicia Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes