Ignacio Echeverría Miralles de Imperial, nado nas Pontes o 25 de maio de 1978 e asasinado en Londres o 3 de xuño de 2017 foi un empregado de banca galego, coñecido por enfrontarse aos terroristas do Atentado de Londres de xuño de 2017.
Traxectoria Seu pai, natural de Oviedo"Es una agonía", clama la familia asturiana de Ignacio Echeverría por la falta de datos" La Nueva España, 7 de xuño de 2016 era enxeñeiro"'San Ignacio' del skate: nuestro héroe en cuatro estampas definitivas". El Mundo, 11 de xuño de 2017 e estaba destinado na Central térmica das Pontes de Endesa, e súa nai era avogada. Con 9 anos marchou a Madrid, onde se estableceu a familia ao cambiar o pai de destino. Estudou Dereito na Universidade Complutense e na Sorbona. Traballara nun banco e marchara a Londres a traballar no banco HSBC.
Ao redor das 23 horas do 3 de xuño de 2017, Ignacio dirixíase en bicicleta cuns amigos á zona londiniense de Whitechapel. Á altura de Borough Market viron un home que estaba a bater nun policía que estaba no chan. Vendo que o home deixaba o corpo do axente e comenzaba a agredir a unha muller, Ignacio bateu co seu monopatín no agresor conseguindo que deixase a muller e que outras persoas puidesen fuxir. Outros dous terroristas acoitelárono polas costas, morrendo polas feridas.
Recoñecementos 50px Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, a título póstumo (2017). 50px Gran Cruz da Orde de Recoñecemento Civil para as Vítimas do Terrorismo, a título póstumo (2018). 50px Medalla de prata ao Mérito Policial, a título póstumo (2017). 50px Medalla de Ouro da Comunidade de Madrid (2019). 50px Medalla de San Xurxo, Reino Unido (2018). Medalla de Ouro concedida por Dignidad y Justicia. Medalla de Ouro de Las Rozas de Madrid, concedida por primeira vez. Premio COBITE, en Donostia, (Colectivo de Vítimas do Terrorismo). O Instituto onde cursou bacharelato, en Las Rozas de Madrid, adoptou como nome Ignacio Echeverría. Concesión conxunta do Comendador dos Corpos da Policía de Londres concedida de forma conxunta polos tres corpos, por primeira vez. O seu nome usouse para nomear pistas de skate en diferentes lugares de España. A súa familia recibiu o pésame da raíña Isabel II do Reino Unido por medio do Xefe de Protocolo da Casa Real. Estas condolencias foron presentadas na Embaixada de España en Londres con motivo da visita dos reis de España no mes de xullo de 2017. O concello de Ferrol acordou poñer unha placa co seu nome na cidade.El homenaje a Ignacio Echeverría será una placa. adiantegalicia.es
Notas
Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1978 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia Categoría:Galegos do Reino Unido Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes