O aeroporto internacional de Narita , tamén coñecido como aeroporto de Tokyo-Narita e orixinalmente coñecido como novo aerioirto internacional de Tokyo, é un aeroporto que serve á área do Gran Tokyo no Xapón. Está situado a uns 60 quilómetros ao leste do centro de Tokyo, na prefectura de Chiba, entre as cidades de Narita e Shibayama.

Narita é o principal aeroporto internacional do país, pasando por el ao redor do 50% dos seus pasaxeiros internacionais e un 60% da carga internacional. Narita é o segundo aeroporto máis concorrido do Xapón, despois do aeroporto de Haneda, e é o décimo máis concorrido do mundo en termos de carga.

Narita é o principal centro de conexións internacional para Japan Airlines, All Nippon Airways e Nippon Cargo Airlines, e un centro de conexións para as aeroliñas de baixo custo Jetstar Japan, Peach e Vanilla Air. Tamén serve como centro de conexións asiático para Delta Air Lines e United Airlines.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Tokyo-Narita