María Rosario Regueira Cereijo, nada en Taboada o 3 de abril 1959, é unha escritora galega.

Traxectoria Traballadora nun centro de atención a persoas maiores. Activista política e social, especialmente na loita polos dereitos das mulleres. Foi unha das fundadoras de Mulleres Nacionalistas Galegas. Nas eleccións municipais de 1985 encabezou a candidatura do BNG no concello de Traboada e foi elixida concelleira; nas municipais de 1985 volveu ser elixida. Colabora en medios de comunicación.

Obras Narrativa Sabela (2015). Chiado. 206 páxs. ISBN 9789895134243. Historia dunha saga de cinco xeracións de mulleres dunha mesma familia que decorre dede 1879 ata 1979. Cando pasou o que pasou (2017). Noia: Toxosoutos. 169 páxs. ISBN 978-84-947719-6-5. Novela histórica que recolle, oitenta anos de agonía, de silencio e de carraxe consecuencia da represión brutal que afectou a persoas con nomes e apelidos. Compañeira, non serva (2018). Noia: Toxosoutos. 244 páxs. ISBN 978-84-948966-6-8. Fotografías de Humberto Sanlés Domínguez. Reflicte as distintas maneiras que o patriarcado utiliza para someter, oprimir e maltratar a unha muller dentro do fogar propio. Pero tamén sinala maneiras de escapulir, de chegar a ser compañeiras en pé de igualdade, non servas sometidas e abusadas. A viaxe das andoriñas (2021). Noia: Toxosoutos. 207 páxs. ISBN 978-84-123409-6-9. Novela sobre migración. Dende o punto de vista dunha emigrante galega á Suíza na década dos anos 70/80 do século XX e dunha inmigrante colombiana a España a primeiros do XXI. Retrato de ida e volta (2023). Noia: Toxosoutos. 308 páxs. ISBN 978-84-127039-8-6. Novela protagonizada por mulleres que trata de reflectir as contradicións entre o mundo urbano e o rural.

Ensaio Esbozos do deporte galego. Unha aproximación ao atletismo (2016). Sportis Formación Deportiva, Federación Galega de Atletismo. ISBN 9788494347740.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Taboada

Ligazóns externas Ficha en Chiado Editorial

Recensión de Cando pasou o que pasou publicada o 26 de abril de 2018 no suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo e posteriormente no blog A Profa.

Categoría:Feministas de Galicia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros de Taboada

Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados en Taboada

Categoría:Nados en 1959