miniatura|Praia de Bastiagueiro, en Oleiros
O MV Erkowit foi un buque cargueiro con bandeira sudanesa que en novembro de 1970 quedou embarrancado na ría da Coruña. Características O Erkowit era un barco mercante de 4950 toneladas. Recibía o seu nome da localidade sudanesa de Ar Kaweit, situada preto do mar Vermello.
Accidente O 30 de outubro de 1970 o Erkowit estaba facendo a ruta entre Liverpool e Port Sudan con 60 tripulantes a bordo. Cando navegaba a 12 millas do cabo Vilán, no medio dunha densa néboa, bateu co buque alemán Dortmund, que rescatou os tripulantes. O barco sudanés foi o máis danado, cun buraco de oito metros de diámetro no lado de estriborque chegaba á cuberta. A pesar disto, a nave permaneceu a flote. O remolcador alemán Rotesand, con base na Coruña, remolcou o Erkowit ata a baía da Coruña para intentar a súa reparación.
Unha vez dentro da ría, o práctico do porto, que subira a bordo do Rotesand, ordenoulles aos capitáns do Erkowit e do Rotesand que permanecesen sen entrar no porto nin moverse, ata novo aviso, na zona onde estaban, entre os puntos de Punta Mera e Punta Canabal, fronte á praia de Bastiagueiro. Pero en canto o práctico desembarcou, ambos os capitáns, e de mutuo acordo, decidiron varar o Erkowit na enseada que forma Punta Fiaiteira e a punta de Porto Cobo en Santa Cruz, Oleiros. O Rotesand suspendeu entón os traballos de rescate do Erkowit, abandonando o rescate.
Durante as seguintes horas e días intentaron tapar as vías de auga no casco para reflotalo e salvar a nave e a súa carga. Pero o mal tempo complicou a operación. Finalmente foi imposible taponar as vías e o barco afundiu o día 31 de outubro na praia de Bastiagueiro, o que provocou a perda da súa carga, que incluía 2000 bidóns de insecticida.
O 12 de decembro un dos mergulladores da Mariña que traballaba na reparación, Antonio Rondón Guil, faleceu cando, mentres se mergullaba na bodega número 4 do barco, ao romper o conduto de respiración. Dous barcos participantes nos labores de rescate afundíronse. Os restos do barco foron despezados. Impacto ecolóxico O embarrancamento provocou unha vertedura tóxica. O marisqueo e a pesca prohibíronse na ría do Burgo durante case un ano, e a vertedura supuxo o fin das bateas de mexillón que ata o momento poboaban a ría e a morte de numerosas especies mariñas nas rías de Ferrol, Ares e Coruña.
O 24 de novembro de 1971 levantouse totalmente a prohibición da pesca e o marisqueo na baía da Coruña e na ría do Burgo.
Notas
Categoría:Accidentes marítimos en Galicia Categoría:Mercantes Categoría:Catástrofes ecolóxicas Categoría:Naufraxios Categoría:1970 en Galicia Categoría:Oleiros