Germán M. Doval García, nado en Carral o 27 de xuño de 1906 e finado no mesmo concello o 5 de decembro de 1962,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-12-1962, p. 4. foi un mestre e político galego.

Traxectoria Remata Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela en 1927.El Eco de Santiago, 14-12-1927, p. 1. Mestre substituto en Beba (Mazaricos) en 1927.El Pueblo Gallego, 20-11-1927, p. 13. Mestre do Canedo (en Ardemil, Ordes) dende 1933. Militante de Izquierda Republicana. Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído polos golpistas o 14 de setembro de 1936. Fuxiu e permaneceu agochado até 1945. Xulgado en Compostela por rebelión militar foi condenado a cadea perpetua, e despois indultado. Foi nomeado mestre de Visantoña en marzo de 1962.El Pueblo Gallego, 16-3-1962, p. 14.

Vida persoal Casou con Concepción Castelo Fuentes.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Alcaldes de Ordes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Carral Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes