Arturo Pérez Loureiro, finado en Ordes o 11 de xullo de 1950, foi un militar e político galego.

Traxectoria Tenente coronel de Infantaría retirado. No verán de 1936 estaba en Ordes para curar a tuberculose. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde o 14 de setembro. Permaneceu pasivo ante os actos violentos perpetrados por falanxistas e gardas civís contra a poboación. Despois foi concelleiro de Ordes. Foi elixido deputado provincial en marzo de 1949La Voz de Galicia, 22-3-1949, p. 2..

Vida persoal Casou con María de la Gloria Romero Corral, filla do médico de Portomarín Luciano Romero Quiroga e da escritora Consuelo Corral Aller.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Alcaldes de Ordes Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Finados en 1950