Fernando Peña López é un xurista galego especializado en dereito civil. É director da cátedra Fundación INADE-UDC de xestión do risco e o seguro en Universidade da Coruña.
Traxectoria Está especializado en dereito da responsabilidade civil e do seguro, e dereito do consumo, sendo autor de numerosas publicacións neste eido. Ten colaborado como consultor externo con despachos de avogados e exercido como árbitro da Corte Arbitral de Galicia. Foi asemade director da oficina de relacións internacionais de Universidade da Coruña entre 2012 e 2015, período no cal promoveu a docencia en inglés e as relacións con empresas como Inditex. Realizou os seus estudos de licenciatura e obtivo o seu doutoramento por Universidade da Coruña, completando a súa formación nas universidades de Roma-A Sapienza, Montpellier, Coímbra e Fordham-Nova York.
Publicacións Peña López, F. (2002): La culpabilidad en la responsabilidad civil extracontractual. Comares. Busto Lago, J. M., Álvarez Lata, N., & Peña López, F. (2005): Reclamaciones de consumo: derecho de consumo desde la perspectiva del consumidor. Thomson/Aranzadi; Ministerio de Sanidad y Consumo: Instituto Nacional del Consumo. Álvarez Lata, N., Busto Lago, J. M., & Peña López, F. (Dir.) (2015): Curso de derecho civil de Galicia. Atelier.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido