Leandro N. Alem, nado en Buenos Aires o 11 de marzo de 1842 e finado ibídem o 1 de xullo de 1896,Bautismo, Ntra Sra de Balvanera, Ciudad de Buenos Aires, L2 F122 foi un avogado, político, revolucionario, estadista e masón arxentino, destacado por fundar a Unión Cívica Radical e liderar dúas insurreccións armadas.
Traxectoria Bautizado como Leandro Alen, el mesmo modificou o seu apelido de mozo, substituíndo o n final por un m. Tradicionalmente o seu nome foi escrito como Leandro N. Alem e, nalgúns casos, como Leandro Nicéforo Alem, aínda que o seu segundo nome é obxecto de debate entre os historiadores. Comezou na política dende o Partido Autonomista de Adolfo Alsina, polo cal sería deputado provincial en dúas ocasións. Tamén foi deputado nacional polo Partido Republicano.
En 1890 foi un dos fundadores da Unión Cívica e xefe político da errada Revolución do Parque, contra o réxime fraudulento do PAN. En 1891 liderou o sector da Unión Cívica que fundou a Unión Cívica Radical. En 1893 liderou unha segunda insurrección armada, que volveu ser derrotada.
Nas eleccións lexislativas de 1895 foi elixido deputado nacional. O 1 de xullo de 1896 suicidouse, logo de escribir un soado testamento político.
Chegou a ser Gran Mestre da Gran Loxa de Libres e Aceptados Masóns da República Arxentina.
Notas
Categoría:Nados en 1842 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Suicidas da Arxentina Categoría:Finados en 1896 Categoría:Suicidios na década de 1890