STS-112 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 7 de outubro de 2002 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-112, con seis astronautas a bordo (cinco americanos e un ruso), foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Jeffrey Ashby, a piloto Pamela Melroy e os especialistas de misión David Wolf, Piers Sellers, Sandra Magnus e Fiodor Iurchikhin.
O transbordador levaba a bordo a viga S1 (de 14 m e 13 toneladas) para estender o mastro central e con parte do sistema de control térmico, incluíndo circuítos de arrefriamento con amoníaco e radiadores. Tamén levaba a plataforma CETA (Crew and Equipment Translation Aid) para o desprazamento de astronautas durante as actividades extravehiculares. A viga e a CETA foron instaladas durante tres paseos espaciais. Durante a misión tamén se reparou a cinta de exercicio da estación, se axustaron uns circuítos protectores na viga S1 e se substituíu un separador de humidade na esclusa Quest.
O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 18 de outubro de 2002.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS