O castro de Santomé é un castro galaico, posteriormente romanizado pertencente á coñecida como cultura castrexa do noroeste peninsular. O conxunto arqueolóxico está musealizado e atópase no concello de Ourense, a só 3 km da cidade. Na mesma área arqueolóxica poden visitarse restos de época castrexa e romana nunha zona de alto valor natural.
Escavacións arqueolóxicas miniatura|esquerda|Área arqueolóxica de Santomé, Ourense O conxunto foi descuberto en 1969, cando se realizaron algunhas catas exploratorias, de xeito afeccionado, entre ese ano e 1974, as cales permitiron salientar a importancia arqueolóxica do lugar. A partir de 1983, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense comezou a escavación científica e sistemática do lugar, o que permitiu descubrir a complexidade cronolóxica e cultural do castro.
Véxase tamén Bibliografía RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Xulio (2000) Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé. Guía arqueolóxica. Ourense: Grupo Marcelo Macías, ISBN 84-88522-11-8 AA. VV. (2001) Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé. Guía da natureza. Ourense: Grupo Marcelo Macías PERALTA BEJARANO, Isabel; RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Xulio; XUSTO RODRÍGUEZ, Manuel (2005) Conjunto arqueológico-natural de Santomé. Excavación, consolidacón y musealización de un sector del castro. A Coruña: Fundación Barrié, ISBN 84-95892-25-1 Outros artigos Castros de Galicia Ligazóns externas Páxina oficial
Santomé