Os croatas (en ) son unha nación e pobo eslavo que viven principalmente en Croacia e Bosnia e Hercegovina, pero tamén son unha minoría oficialmente recoñecida en Austria, República Checa, Hungría, Polonia, Italia, Montenegro, Romanía, Serbia, Eslovenia e Eslovaquia. Por mor de situacións políticas, sociais e económicas, moitos croatas migraron a outros lugares de Europa (especialmente Alemaña, Austria, Suíza, Francia e Italia) e América (particularmente os Estados Unidos de América, o Canadá, a Arxentina e Chile).
Os croatas son principalmente católicos. A lingua croata é oficial en Croacia e Bosnia e Hercegovina, así como na Unión Europea, e está recoñecida como lingua minoritaria nas comunidades croatas de Montenegro, Austria (Burgenland), Italia (Molise), Romanía (Carașova, Lupac) e Serbia (Voivodina).
Notas
Categoría:Grupos étnicos de Croacia Categoría:Grupos étnicos de Europa