O aeroporto internacional Chhatrapati Shivaji , anteriormente coñecido como aeroporto internacional Sahar, é o principal aeroporto internacional que serve a área metropolitana de Bombai, na India. É o segundo aeroporto máis concorrido do país en termos de pasaxeiros despois do aeroporto de Delhi, ademais de ser o 14º de Asia e o 29º máis concorrido do mundo no ano 2016, con 44,68 millóns de pasaxeiros. Tamén é o segundo máis concorrido do país en termos de carga. En marzo de 2017 superou a Londres-Gatwick como o aeroporto cunha única pista operativa ao mesmo tempo máis concorrido do mundo. O aeroporto ten tres terminais operativas e opera uns 850 movementos de avións por día.

No ano 2015 gañou o premio ASQ Best Airport Award na categoría dos aeroportos entre 25 e 40 pasaxeiros anuais concedido por Airports Council International. Tamén gañou o premio a Mellor Aeroporto na India e Centro de Asia na edición de 2016 dos World Airport Awards de Skytrax.

O aeroporto está operado por Mumbai International Airport Limited (MIAL), unha empresa conxunta do consorcio formado pola Autoridade Aeroportuaria da India e GVK Industries Ltd, que foi elixida en febreiro de 2006 para encargarse da súa modernización. A nova terminal integrada T2 foi inaugurada o 10 de xaneiro de 2014 e abriuse para as operacións internacionais o 12 de febreiro do mesmo ano.

O aeroporto foi bautizado na honra do emperador maratha do século XVII Chhatrapati Shivaji.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Bombai