STS-117 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 8 de xuño de 2007 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-117, con sete astronautas a bordo, foi a última misión de importancia na construción da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Rick Sturckow, o piloto Lee Archambault e os especialistas de misión Patrick Forrester, John Olivas, Clayton Anderson, Jim Reilly e Steven Swanson.

O transbordador levou varias toneladas de subministracións e a tripulación instalou as vigas S3 e S4 cos seus correspondentes paneis solares. Tamén se montaron catro plataformas exteriores para experimentos. O voo fora programado inicialmente para outubro de 2003, pero debido á traxedia da misión STS-107 viuse atrasado.

O transbordador volveu a terra na base Edwards da Forza Aérea (California) debido a mal tempo en Cabo Cañaveral o 22 de xuño de 2007.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis

Categoría:Programa STS