Enric Ribas i Ribas, nado en Vigo o 6 de xuño de 1870 e finado en El Masnou, Maresme, o 17 de outubro de 1935, foi un cirurxián catalán.
Traxectoria Fillo de pais cataláns (ambos eran de El Masnou), estudou medicina en Barcelona. No ano 1894 doutorouse coa tese "Indicaciones en las estrecheces cicatriciales del esófago de origen cáustico". Ingresou en 1897 no Hospital de la Santa Creu e en 1906 era xefe do departamento de Cirurxía. Foi o primeiro presidente do Instituto Medicofarmaceutico (1898) e da Sociedade de Cirurxía de Barcelona (1927). Presidiu a Academia e Laboratorio de Ciencias Médicas de Cataluña (1922-1924) e o VII Congreso de médicos de lingua catalá (1932).Els Congressos de Metges i Biòlegs de Llengua Catalana. Enric Ribas i Ribas En 1932 ingresou na Real Academia de Medicina de Cataluña.Reial Acadèmia de Medicina de Catalunya - Enric Ribas i Ribas Foi profesor libre de patoloxía cirúrxica da Universidade Autónoma de Barcelona.«Enric Ribas i Ribas L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Gran Enciclopèdia Catalana. Traballou tamén na súa clínica da rúa Valencia de Barcelona.
A súa casa en Masnou foi construída polo arquitecto Bonaventura Bassegoda i Amigó no ano 1924, na rúa de Barcelona, número 15.Rico Vázquez, Miquel; Roig Lerones, Marta. L’obra arquitectònica de Bonaventura Bassegoda i Amigó a la vila del Masnou El Masnou: Ajuntament del Masnou. Arxiu Històric Municipal, 2016 (La Roca de Xeix núm. 30).
Véxase tamén Bibliografía Mariños e Balcells, Victor; "L'obra del Dr.Enric Ribas i Ribas (1870-1935)"; Gimbernat: revista catalana d'història de la medicina i de la ciència, vol. 25, 1996, p. 169-174.
Notas
Categoría:Médicos de Vigo Categoría:Médicos de Cataluña Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Cirurxiáns de España