Quérote, Nova IorqueLa Voz de Galicia, 10 de novembro de 1990. Páx. 78 (en , literalmente, Malas rúas) é un filme do director estadounidense Martin Scorsese, estreado no ano 1973, escrito por Scorsese e Mardik Martin e protagonizado por Robert De Niro, Harvey Keitel e David Proval.
En 1997, o filme foi considerado «cultural, histórico e esteticamente significativo» pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e seleccionado para a súa conservación no National Film Registry.
Foi emitido na TVG o 15 de agosto de 1987.La Voz de Galicia, 15 de agosto de 1987. Páx. 1 Tamén se emitiu como Malas rúas.Programación
Sinopse Charlie, un mafioso italoamericano das rúas de Nova York, intenta axudar o seu parvo e irresponsable amigo, Johnny Boy, para que pague as súas débedes pendentes aos múltiples acredores aos que debe.
No bar de Tony DeVienazo, Charlie e John discuten o feito de que este último aínda non pagase ao prestamista usureiro Michael Longo. Michael chega ao lugar, atopándose con Charlie, John e Tony. Prestamista e debedor, chegan ao consenso de saldar a conta a semana seguinte.
Personaxes Robert De Niro - Johnny Boy Harvey Keitel - Charlie David Proval - Tony DeVienazo Amy Robinson - Teresa Ronchelli Richard Romanus - Michael Longo Martin Scorsese - Shorty Cesare Danova - Giovanni Cappa Victor Argo - Mario George Memmoli - Joey Scala
Notas
Véxase tamén
Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes dirixidos por Martin Scorsese Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1973 con versión en galego