STS-133 foi a última misión do transbordador espacial Discovery, lanzada o 24 de febreiro de 2011 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-133, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Steve Lindsey, o piloto Eric Boe e os especialistas de misión Alvin Drew, Nicole Stott, Steve Bowen e Michael Barratt.
O Discovery, no seu último voo, levou varias toneladas de subministracións e equipamento diverso no MPLM Leonardo, así como os módulos PMM e ELC4 para almacenar partes de reposto e servir como almacenamento. Tamén levou o Robonaut 2, un asistente robótico experimental para o interior da estación. Durante a misión se levaron a cabo dous paseos espaciais.
O Discovery volveu por última vez a terra en Cabo Cañaveral o 9 de marzo de 2011 ás 16:57 GMT.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS