STS-2 foi a segunda misión de probas do transbordador espacial Columbia e a primeira na que un vehículo espacial foi reutilizado. Foi lanzada o 12 de novembro de 1981 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-2, con Joseph H. Engle (Comandante) e Richard H. Truly (piloto) a bordo foi o segundo voo de probas do programa STS feito co transbordador Columbia, que fixo o voo inaugural na misión STS-1. Isto supuxo a primeira reutilización dun vehículo espacial tripulado. Despois de varios atrasos e aprazamentos, durante a engalaxe un dos aneis O do acelerador de estado sólido dereito sufriu o mesmo tipo de erosión que en 1986 levaría á perda do Challenger. O transbordador levaba na bodega de carga o módulo Spacelab e varios experimentos, entre eles o OSTA-1 e o SIR-1 de observación terrestre. Tamén levou o brazo robótico canadense, que foi probado completamente por primeira vez.

O Columbia regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 14 de novembro de 1981, uns tres días antes do previsto debido ao fallo dunha das células de combustible que proporcionaban enerxía á nave.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia STS-1

Categoría:Programa STS