As internalinas son proteínas da superficie celular que se encontran na bacteria Listeria monocytogenes. As principais formas que se coñecen son: InlA, InlB, InlHUniprot InlH e InlKNeves D, Job V, Dortet L, Cossart P, Dessen A Structure of Internalin InlK from the Human Pathogen Listeria monocytogenes. J. Mol. Biol. (2013) 425 p.4520-4529. . A bacteria utilízaas para invadir células de mamífero por medio das proteínas transmembrana cadherinas (no caso de InlA) e os receptores Met (no caso de InlB). O papel exacto destas proteínas e a súa capacidade invasiva in vivo non se comprende totalmente. En células en cultivo, InlA é necesaria para facilitar a entrada de Listeria nas células epiteliais humanas, mentres que a InlB é necesaria para a internalización de Listeria en varios outros tipos de células, como os hepatocitos, fibroblastos e células epitelioides. As internalinas son principalmente factores de virulencia expostos na superficie bacteriana, cuxo papel vai desde o recoñecemento de receptores celulares para axudar á entrada do patóxeno e escapar da autofaxia.Neves D1, Job V, Dortet L, Cossart P, Dessen A. Structure of Internalin InlK from the Human Pathogen Listeria monocytogenes. J Mol Biol. 2013 Nov 15;425(22):4520-9. doi: 10.1016/j.jmb.2013.08.010. Epub 2013 Aug 16. PMID 23958637 Listeria monocytogenes supón unha ameaza para as mulleres preñadas debido á súa capacidade de cruzar a barreira placentaria sanguínea por medio da unión á vez de InIA e InIB ás células do hóspede. As investigacións mostraron que só a unión combinada destes dous factores de virulencia permite que a bacteria cruce esta barreira. Isto non é así nos ratos e coellos de Indias, cuxas células só teñen afinidade por InIB en ratos e por InIA nos coellos de Indias.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cadherina Pascale Cossart
Categoría:Proteínas bacterianas Categoría:Factores de virulencia