STS-3 foi a terceira misión de probas do transbordador espacial Columbia, lanzada o 22 de marzo de 1982 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-3, tripulada por Jack R. Lousma (comandante) e C. Gordon Fullerton (piloto) foi lanzada como terceira misión de probas do transbordador. Levaba a bordo varios experimentos da Oficina de Ciencia Espacial (OSS), tanto para verificar o rendmento do lanzador como para facer ciencia, entre eles un reactor de látex monodispers (MLR), unha proba de verificación de electroforese (EEVT) e un experimento de lignificación de plantas. Tamén levaba a bordo un paquete de diagnóstico de plasma, un experimento para estudar o potencial eléctrico arredor do transbordador (VCAP), un polarímetro para fulguracións solares en raios X, un monitor solar de irradiancia espectral e ultravioleta (SUSIM), un monitor de contaminación e un experimento de microabrasión.
O transbordador regresou a terra na Base White Sands da Forza Aérea o 30 de marzo de 1982, a primeira e única vez que un transbordador aterrou nun lugar distinto da base Edwards ou de Cabo Cañaveral, debido a mal tempo na primeira.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia
Categoría:Programa STS