STS-29 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 13 de marzo de 1989 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-29, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite de comunicacións TDRS 4 e realizar varios experimentos biolóxicos e tecnolóxicos. A tripulación estaba formada polo comandante Michael L. Coats, o piloto John E. Blaha e os especialistas de misión James P. Bagian, James F. Buchli e Robert C. Springer.

Como misión secundaria a tripulación levou a cabo varios experimentos biomédicos e tecnolóxicos, entre eles OASIS-1, SHARE, experimentos de crecemento de cristais de proteína (PCG), de divión celular en plantas (CHROMEX), dous experimentos desenvolvidos por estudantes e un experimento da Forza Aérea para calibración de obxectivos no espazo.

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 18 de marzo de 1989.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS