STS-36 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 28 de febreiro de 1990 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-36, con cinco astronautas a bordo (John Creighton, John Casper, David Hilmers, Richard Mullane e Pierre Thuot), foi lanzada para poñer en órbita un satélite militar clasificado. Foi a misión do transbordador con maior inclinación orbital, 62 graos. Case toda a actividade durante a misión consta como clasificada.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 4 de marzo de 1990.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS