O aeroporto internacional de Minneapolis/Saint Paul , tamén coñecido como aeródromo Wold-Chamberlain, é un aeroporto civil e militar situado nunha porción do condado de Hennepin, a menos de 15 quilómetros dos centros de Minneapolis e Saint Paul. ´É o aeroporto máis grande e concorrido da rexión "Upper Midwest", formada polos estados de Minnesota, Iowa, Nebraska, Dacota do Norte, Dacota do Sur e Wisconsin. As súas instalacións atópanse principalmente no lugar de Fort Snelling, nunha porción non incorporada do condado de Hennepin. Pequenas partes das mesma están dentro dos límites das cidades de Minneapolis e Richfield. En termos de pasaxeiros, o aeroporto de Minneapolis/Saint Paul foi o 16º máis concorrido dos Estados Unidos en 2014 e o 49º do mundo en 2016.

De todos os pasaxeiros que voan a través de MSP, o 42% fan escala nel para conectar con outras cidades, mentres que so 58% restante orixínanse no aeroporto. As aeroliñas que operan nas súas instalacións voan a 158 destinos, 129 domésticos e 29 internacionais. A nivel internacional, Delta Air Lines voa a catro destinos transoceánicos todo o ano: Ámsterdam, Londres-Heathrow, París-Charles de Gaulle e Toquio-Haneda, cun voo adicional estacional transoceánico cara Reiquiavik-Keflavík. Tanto Delta Air Lines como Sun Country Airlines voan a moitas cidades no Rexión, Centroamérica, Canadá e México dende o aeroporto, tanto anualmente como con servizos estacionais. Air France ten un servizo estacional a París e Condor voa a Frankfurt tamén estacionalmente. Icelandair voa durante todo o ano a Reiquiavik-Keflavík. KLM retomou o seu voo anual a Ámsterdam en marzo de 2017 e posteriormente iniciou o primeiro servizo en MSP co Boeing 787 en outubro do mesmo ano.

MSP é o segundo centro de conexións máis grande para Delta Air Lines é os seus asociados de Delta Connection. Compass Airlines e Endeavor Air ten as súas sedes oficiais nas proximidades. Tamén serve de base principal para a aeroliña de Minnesota Sun Country Airlines. Northwest Airlines tivo un centro de conexións no aeroporto ata a súa fusión en 2010 con Delta Air Lines, e a asociada de Delta Connection Mesaba Airlines tivo a súa sede preto do aeroporto ata decembro de 2011 cando se completou a súa fusión con Pinnacle Airlines. Delta Air Lines ten máis do 80% do tráfico do aeroporto. MSP está operado pola Comisión Metropolitana de Aeroportos, que tamén se encarga de seis aeroportos máis pequenos da rexións.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Chárters

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Minneapolis