O Parque Natural da Serra de Collserola é un parque natural de 8.259 hectáreas situado na serra de Collserola, na provincia de Barcelona. Ten protección oficial dende 1953 e foi declarado parque natural en 2010 pola Generalitat de Cataluña.

O parque está repartido en nove concellos (Barcelona, Cerdanyola del Vallès, Esplugues de Llobregat, Molins de Rei, Montcada i Reixac, El Papiol, Sant Cugat del Vallès, Sant Feliu de Llobregat e Sant Just Desvern) e está xestionado polo Consorcio do Parque de Collserola que inclúe a Deputación de Barcelona e os concellos da Área metropolitana de Barcelona.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do parque

Serra de Collserola