Daniel Marí Ripa, nado en Jaca (provincia de Huesca) o 25 de xullo de 1982, é un político español, deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias por Podemos desde 2015Marí Ripa, Daniel. Junta General del Principado de Asturias.Daniel Ripa. Transparencia Podemos.ata 2023.
Traxectoria Daniel Ripa é licenciado en Psicoloxía e Ciencias do Traballo pola Universidade de Oviedo, experto en Políticas de Inclusión Social pola UNED e doutor en psicoloxía pola Universidade de Oviedo. Tivo diversos empregos como orientador laboral, camareiro, técnico en prevención de drogodependencias, bibliotecario, mozo de almacén ou xestor de cooperación social ata que comezou a súa investigación predoutoral sobre o impacto das empresas na saúde.Daniel Ripa es elegido primer secretario general de Podemos Asturias. Asturias Hoy. 14 de febreiro de 2015.Daniel Ripa obtiene una calificación de sobresaliente por su tesis doctoral. La Nueva España. 27 de xaneiro de 2016.
En febreiro de 2015 foi escollido secretario xeral de Podemos en Asturias, conseguindo un escano como deputado nas eleccións autonómicas de maio.
En decembro de 2017 foi reelixido secretario xeral de Podemos en AsturiasDaniel Ripa se impone por goleada en las primarias de Podemos en Asturias. La Nueva España. 14 de decembro de 2017., posto que mantivo ata o 22 de decembro de 2021. Tras a súa expulsión do partido o 28 de febreiro de 2023 vencellouse a Somos Asturies dirixida por Covadonga Tomé.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Jaca Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias