STS-41-D foi a primeira misión do transbordador espacial Discovery, lanzada o 30 de agosto de 1984 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-41-D, con seis astronautas a bordo (Henry Hartsfield, Michael Coats, Richard Mullane, Steven Hawley, Judith Resnik e Charles D. Walker), foi lanzada para poñer en órbita os satélites SBS-D, Syncom IV-2 e Telstar 3C e para facer diversos experimentos, entre eles o experimento tecnolóxico OAST-1 para despregar e repregar un panel solar e o experimento de electroforese CFES.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 5 de setembro de 1984.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS