STS-41-G foi unha misión do transbordador espacial Challenger, lanzada o 5 de outubro de 1984 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-41-G, con sete astronautas a bordo (Robert L. Crippen, comandante, Jon McBride, piloto, e os especialistas Kathryn D. Sullivan, Sally K. Ride, David C. Leestma, Marc Garneau e Paul Scully-Power) foi lanzada para poñer en órbita o satélite ERBS e para facer diversos experimentos de observación terrestre de alta resolución. Foi o primeiro voo espacial en incluír dúas mulleres e o primeiro no que se usou os ORS (Orbital Refueling System) de reaprovisionamento de propelente en órbita.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 13 de outubro de 1984.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Challenger

Categoría:Programa STS