STS-41-B foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 3 de febreiro de 1984 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-41-B, con cinco astronautas a bordo (Vance Brand, Robert Gibson, Bruce McCandless, Ronald McNair e Robert Stewart), foi lanzada para poñer en órbita os satélites de comunicacións Westar 6 e PALAPA-B2. O fallo da etapa PAM-D en ámbolos dous satélites deixounos en órbita baixa. Os dous satélites foron recuperados e devoltos a terra na misión STS-51-A. Durante a STS-41-B tivo lugar o primeiro paseo espacial sen ligazóns, realizado por Bruce McCandless coa mochila MMU (Manned Maneuvering Unit). Os astronautas levaron tamén a cabo diversos experimentos e puxeron en órbita e recuperaron a plataforma SPAS, construída por Alemaña e usada por primeira vez na misión STS-7, converténdose no primeiro satélite en ser posto en órbita unha segunda vez.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de febreiro de 1984.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Challenger

Categoría:Programa STS