O aeroporto internacional de Halifax-Stanfield é un aeroporto canadense situado en Enfield, Nova Escocia, unha área de Halifax. Serve á cidade de Halifax, a zona continental de Nova Escocia e a áreas adxacentes das provincias marítimas veciñas. O aeroporto foi bautizado na honra de Robert Stanfield, o 17º Premier de Nova Escocia e líder do Partido Conservador Progresista do Canadá.

O aeroporto pertence a Transport Canada dende a súa construción e vén sendo operado dende o ano 2000 por Halifax International Airport Authority (HIAA). Forma parte do Sistema Nacional de Aeroportos.

Halifax-Stanfield é o oitavo aeroporto máis concorrido do Canadá en termos de pasaxeiros. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 3 908 799 pasaxeiros nun total de 80 278 movementos de avións. O aeroporto é un centro de conexións para Air Canada Express, Cougar Helicopters, Maritime Air Charter, PAL Airlines e SkyLink Express.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Halifax