Poitín é un filme irlandés escrito e dirixido por Bob Quinn que se estreou en 1978. Foi o primeiro filme en ser rodado completamente en lingua irlandesa. Tamén foi o primeiro en recibir unha bolsa de guión cinematográfico da Arts Council of Ireland.
O filme foi producido por Cinegael, e está protagonizado por Cyril Cusack como un destilador ilegal de Connemara, que vive nunha cabana illada xunto coa súa filla. Dous dexenerados locais, interpretados por Donal McCann e Niall Tóibín, aterrorizan o vello destilador polo seu contrabando de licor (poitín), ameazando con matalo a el e violar a súa filla.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1978 Categoría:Filmes en lingua irlandesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes rodados en Irlanda