STS-53 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 2 de decembro de 1992 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-53, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite militar USA 89 e para facer experimentos a bordo do transbordador. A tripulación estaba formada polo comandante David M. Walker, o piloto Robert D. Cabana e os especialistas de misión Guion S. Bluford, James S. Voss e Michael R. Clifford. Entre os experimentos a bordo estaban GCP, ODERACS, BLAST, CLOUDS 1A, CREAM), FARE, HER-CULES, MIS-1, RME III, STL e VFT 2.

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 9 de decembro de 1992.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS